lunes, 17 de diciembre de 2012

REDES

REDES

CONCEPTOS BÁSICOS SOBRE SINAIS:
  • SINAL SINUSOIDAL
Os sinais sinusoidais son aqueles que se representan coas funcións trigonométricas seno e coseno. Estas funcións son de especial importancia xa que se pode demostrar matemáticamente que calquera sinal periódico pódese expresar como unha suma de senos e cosenos. A seguinte función sinusoidal utilízase ampliamente no estudio dos sinais:


f(t)=am · sen (wt + ϕ)
 
 
  • SINAL PERIÓDICO
Trátase dun sinal periódico cos seguintes parámetros:
am: amplitud máxima. É o valor máximo alcanzado pola función. Diferénciase da amplitude instantánea, que é o valor que ten un sinal nun momento determinado.
w: frecuencia angular. Representa o número de veces que se repite o sinal por unidade de tempo. A frecuencia a secas obtense coa fórmula f= w /2 TT e midese en hertzios (Hz). O valor inverso T=1/f corresponde ao período, mídese en segundos (s) e informa do tempo necesario para que se volte a repetir a estructura periódica do sinal.
t: tempo. O valor da función varía con respecto ao tempo.
fase ou desfase: É o desprazamento do sinal no tempo, e mídese en radiáns (rad)
 
  • ESPECTRO DUN SINAL
Representa o peso que ten cada frecuencia na formación do sinal. Outra vantaxa deste tipo de representación do sinais é que en moitos casos simplifica enormemente os cálculos matemáticos
 
 DEFINICIÓNS DE PARÁMETROS:
 
FRECUENCIA: Mídese en hertzios. Número de veces que se repite o sinal por unidade de tempo.
PERÍODO: (T).Mídese en segundos. Tempo que tarda un sinal en repetirse.
LONXITUDE DE ONDA: Mídese en metros. Distancia que recorre un sinal ata que se repete.
FASE: Mídese en radiáns (rad). Desprazamento dun sinal no tempo.
ANCHO DE BANDA DUN SINAL: Diferencia entre o valor máximo e o mínimo das frecuencias do espectro do sinal/mensaxe: ANCHO DE BANDA=fmáxima - fmínima
ANCHO DE BANDA DUN CANAL: Diferencia entre as frecuencias máxima e mínima que é capaz de transmitir.
GANANCIA: Dise que hay ganacia cando a potencia de entrada é superior a de saída e o sistema compórtase coma un atenuador.